RESERVA Habitacións ou casa completa. Consulta disponibilidade!
En CASA ESTARQUE ofrecemos turismo rural de calidade nas Rías Baixas. Lugar perfecto para o descanso logo de facer unha etapa do Camiño de Santiago, unha ruta de sendeirismo pola Serra do Galiñeiro, pasar unha tarde de praia en familia ou ben, atopar a inspiración... Velaí van algunhas imaxes das nosas amplias habitacións con baño privado e todos os servizos para a vosa comodidade: wifi gratis, aparcamento,... non perdades detalle!
galeria
Habitación dobre con cama de 150cm, baño privado con bañeira, armario e cómoda. O maior atractivo desta estancia é a galeria con vistas panorámicas que lle dá nome.
BALCON
Amplísima habitación dobre con cama de 150cm (con posibilidade de instalar unha cama supletoria de 90cm) con baño privado con bañeira e armario. Este cuarto conta cun balcón con vistas á terraza .
hORREO
Habitación dobre con dúas camas de 90cm, baño privado con bañeira e armario. Vistas ao hórreo .
EIRA
Habitación dobre con cama de 150cm, baño privado con bañeira e armario.
ATICO
Sen dúbida unhas das estancias estrela da casa. O ático conta con dúas habitacións dobres, unha con cama de 150cm e a outra con dúas camas de 90cm, un baño completo con bañeira compartido e unha salita de estar con sofá e escritorio, espazo ideal para acadar o nivel de tranquilidade necesario para acadar a inspiración.