IMG-20210818-WA0000_edited.png

CASA ESTARQUE

gondomar

  • Instagram
  • Facebook

Videos e imaxes aéreas: Bravo Echo Romero

A Casa / La casa / The house
press to zoom
A Casa / La casa / The house
press to zoom
Entrada / Entrance
press to zoom
O noso entorno / Nuestro entorno / Our enviroment
press to zoom
Almorzo na terraza / Desayuno en la terraza / Breakfast at the terrace
press to zoom
Vistas dende Hab. BALCÓN / Vistas desde Hab. BALCÓN / Views from BALCON bedroom
press to zoom
Habitación GALERÍA / GALERIA bedroom
press to zoom
Habitación HÓRREO / HÓRREO bedroom
press to zoom
Habitación EIRA / EIRA bedroom
press to zoom
1/3
 

historia dA CASA

CASA ESTARQUE é unha casa tradicional galega construída no século XIX nunha data que descoñecemos con exactitude pero, da que temos unha primeira documentación referenciada en 1803 (con selo de Carlos IV polo que se pagaron 272 maravedís).

Documento datado en 1803 donde se fai referencia á Casa
20210412_170718_edited.jpg
20210412_170620_edited.jpg

​Posteriormente, con data 1912 aparece por primeira vez por escrito e que teñamos constancia, coa denominación  CASA DE ESTARQUE no documendo no que se detalla o reparto da herencia de D. Manuel Estarque e Dna. Rosa Misa aos seus fillos, D. Domingo e D. Antonio ESTARQUE . 

 

A Casa  foi a vivenda familiar de D. Domingo ESTARQUE, pasando ao seu falecemento a súa heredeira, Dna. Carmen ESTARQUE  que aquí viviu co seu home, D. José Otero, até que migraron a Brasil nos anos 40 do pasado século, momento dende o cal a casa permaneceu deshabitada. .

Ao seu regreso da emigración, constrúen unha nova vivenda, polo que a CASA permanece pechada.

Non é até o ano 1994 que o herdeiro de Dna. Carmen ESTARQUE, D. José Otero ESTARQUE e a súa Dna. Gloria Castuera, ceden CASA ESTARQUE a un dos seus fillos, D. Celso Otero para que a rehabilite e acondicione como casa de Turismo Rural, convertendo CASA ESTARQUE na primeira casa de Turismo Rural da provincia de Pontevedra e referente da zona.

Despois de máis de 20 anos en activo, o negocio péchase até o 2021, ano no que é reacondicionada e adaptada ás novas demandas  do s. XXI e con fin de recuperar esta singular infraestructura tradicional e poñela á vosa disposición.

20210414_110230.jpg
 

CASA estarque hoxe

CASA ESTARQUE consta de 6 habitacións en total distribuídas do seguinte xeito: 4 espaciosas habitacións con baño privado completo e un ático independente con 2 habitacións dobres, sala de estar  con zona de estudo e baño completo privados.

Entre as zonas comúns contamos cun amplo salón comedor con dous ambientes, unha acolledora biblioteca con cheminea, cociña totalmente equipada, solleira terraza con vistas panorámicas, aparcamento privado e unha horta con xardín e árbores para o lecer dos nosos hóspedes.

Cunha ubicación inmellorable, atopámonos no corazón do Val do Miñor, lonxe do balbordo pero á vez, preto de todo! A 7 km de Baiona (barco ás Illas Cíes), a 5 km de Praia América; a 25 minutos  de Vigo (20 minutos do Aeroporto de Vigo) , a 15 minutos de Tui (vila no Camiño Portugués) e Valença do Minho (Portugal) , a 25 minutos de Vilanova de Cerveira (Portugal), a 1hora e 15 minutos de Santiago de Compostela (mesmo tempo ao Aeroporto de Compostela) ou a hora e media de Oporto (Portugal) (o mesmo ao Aeroporto de Oporto).

As mellores instalacións nunha contorna privilexiada! Agarnamos que sexa do voso agrado.

 
20210617_100108[1]_edited.jpg

iMAXES

Habitacións ou
Casa Completa!

A casa consta de 6 habitacións:

4 independentes con baño privado    gALERIA > BALCON > HORREO > EIRA >  2 habitacións no  ATICO > con baño, sala de estar con escritorio, privados. Como zonas comúns contamos cun amplio  SALON COMEDOR >  con 2 ambientes, unha acolledora                BIBLIOTECA >  con cheminea e   COCIÑA > totalmente equipada.

Nos espazos exteriores,  contamos cunha sollleira e ampla   TERRAZA > con vistas panorámicas , así como unha   HORTA E XARDIN >con árbores e  APARCADOIRO > propio.

 

SERVIZOS E INSTALACIONS

ALMORZO

Variado e equilibrado con productos caseiros, naturais e da terra

LAVANDERIA

Servizo de lavandería baixo demanda

BIBLIOTECA

Con mesa de xogo e butacas

ROUPA BLANCA

A roupa de cama e toallas incluidas

bicicletas

De libre uso

...e moito mais!

Se botas algo en falta, avísanos, se cadra está gardado

XARDIN E HORTA

Na contorna da casa

COCIÑA

100% equipada

ZONA TRABALLO

Espazos acondicionados para estudo e traballo

CHEMINEA

Na biblioteca

CALEFACCION CENTRAL

En toda a casa

APARCADOIRO

Privado e gratuíto

TERRAZA

Solleira e con vistas panorámicas

SALON COMEDOR

Amplio con mesa de 10 servizos

CAMAS 150 E 90 CM

Dobles e individuais, respectivamente

secador de pelo

A vosa disposición!

FREE WIFI

Fibra óptica

TELEVISION

Con canais por cable

ZONA ARBOLADA

Cerdeiras e frutais na finca da casa

BAÑOS PRIVADOS

Completos  (bañeira bidé), xabón e champú

BOTIQUIN

Ao voso acceso

 QUE FACER NO NOSO ENTORNO?

 

En Casa Estarque, temos o privilexio  de estar preto dun amplísimo abano acitivades de lecer, deporte e cultura. Unha oferta  variada, para todos os gustos e moi pouca distancia de nós. Velaí algunhas suxestións, das moitísimas alternativas que temos ao noso carón!

p6290901.jpg
serra do galiñeiro

Numerosas rutas de sendeirismo señalizadas a  pé, cabalo ou bibicleta pola zona. RUTAS SENDERISMO

2014021513194999493.jpg
praia america

É un dos areais máis importates e fermosos da Comarce.  Cunha extensión de 2km de area fina de cor dourada, augas  cristalinas e tranquilas, ideal para os pequen@s. PRAIA AMÉRICA

foz miñor.jpg
Foz do rio miñor

A desdembocadura dos ríos Miñor, Groba e Belesar dá lugar á FOZ DO RIO MIÑOR, un espazo naturai incluido, dende 1999, na Rede Natura 2000 polo seu interese medioambiental e paixasístico, así como por ser refuxio de gran variedade de aves acuáticas e migrantes. Moi recomdable para a observación de aves, facer rutas en kayak ou canoa ou  ben camiñando á beira do mar polo paseo que vai dende Baiona até Panxón, e percorre a Praia Ladeira e o Monte Lourido entre outros.

cortelliño.JPG
miradoiro do cortelliño

Recomendamos a subida á SERRA DA GROBA facendo unha parada no MIRADOIRO DO CORTELLIÑO. As vistas sobre o Val Miñor e a entrada á Ría de Vigo non vos deixarán indiferentes.

61f17f12-25aa-4337-a27c-3e3507b290fa_16-
VILA DE GONDOMAR

A 6 minutos camiñando chegamos á vila de Gondomar, con parques infantís á beira do río Miñor entre outros espazos de lecer e unha grande oferta de comercios de proximidade e locais de todo tipo: restauración, cafeterías, librarías, artesanía, supermercados, etc. CONCELLO DE GONDOMAR

Descubre_Caminos_CaminoPortugues_Cabecer
camiño de santiago

Gondomar está a 110 kms. de Santiago de Compostela  e a uns poucos kilómetros (3/5) das duas  rutas máis populares: o CAMIÑO PORTUGUÉSCAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

La-playa-al-pie-del-Monte-do-Boi-en-Baio
baiona

A localidade de Baiona é un dos referentes turísticos das Rías Baixas, coñecida pola súa ampla oferta de deportes náuticos e ocio nocturno. TURISMO DE BAIONA

santa_tecla_trega_1-1.jpg
CASTRO DE SANTA TEGRA

Estamos a case 35km deste espectacular poboado Celta, situado a 341 metros de altitude, que chegou a ter unha poboación aproximada de 5000 habitantes na súa etapa de maior esplendor no século I a. C. Dende aquí poderedes gozar da mellor panorámica da desembocadura do Río Miño e da infinidade do propio Océnao Atlántico, con noso veciño Portgal de testemuña. CASTRO DE SANTA TEGRA

islas-cies-pontevedra-rias-baixas-t.jpg
illas cies

Estamos a 15 minutos en coche do peirao de embarque  de Baiona cara as Illas Cíes . PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

auga da laxe.jpg
petroglifos auga da laxe

Na Serra do Galiñeiro atopamos o maior petroglifo de armas de Europa. PETROGLIFOS AUGA DA LAXE

index.jpg
PARQUE NATURAL monte aloia

Declarado Parque Natural en 1978, foi o primeiro de Galicia, o MONTE ALOIA é unha auténtica atalaia a 700 metros de altura con varios miradoiros e excepcionais vistas sobre  o Río Miño, o Val da Louriña e incluso o noso Val Miñor. MONTE ALOIA

rias baixas.jpg
zona vitinicola

Estamos nunha das cinco zonas con Denominación de Orixe de Galicia, a D.O. RÍAS BAIXAS, en concreto, a 30 minutos da zona viticola do Rosal, onde  atoparemos adegas  que elaboran excelentes caldos con recoñecemento a nivel internacional.

 

enlaces de interese

INSTITUCIONS
ASOCIACIONS
descargas
 

CONTactanos

Se tes algunha consulta ou precisas algunha aclaración, non dubides en contactarnos, atoparásnos en:

Barrio Sequeirós nº 32 - 36380 Gondomar (PONTEVEDRA)

Grazas pola túa mensaxe!

341 web.png